Mostrando entradas con la etiqueta Dia das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de mayo de 2012

A Voz da Casiña: Especial Letras Galegas!








O 17 de Maio foi o dia das letras galegas!! Na Casiña conmemoramos ese dia e tamén a persoaxe homenaxeada deste ano: Valentín Paz Andrade, avogado, xornalista, poeta e apasionado do mar entre outras cousas. 
Como Paz Andrade colaborou en numerosos xornais e dirixiu un, pensamos en elaborar o noso xornal Especial Letras galegas durante a fin de semana! 
A Voz da Casiña, contou cun estupendo equipo de redactores e reporteiros que estiveron traballando arduamente o sábado e o domingo. As nosas seccións foron:

- Valentín Paz Andrade: Vida e Obra: Investigamos, redactamos e ilustramos a sua apaixonante andaina.
- O que sabe a xente... sobre Valentin: Saimos a rúa para averiguar se o Club de Campo está ao dia.
- Valentin visto polos nenos: Ilustramos as súas poesias.
- Pasatempos: Relacionados coa vida de Valentin, co mar, cos seus poemas...etc.
- V. Paz Andrade na Arte: Elaboramos collages moi atrevidos!
 ¡O noso exemplar está dispoñible na Casiña do Club de Campo! 

Ademáis para os máis pequenos fixemos o móvil dun barco, con motivo do gusto pola pesca de Valentin Paz Andrade.


martes, 24 de mayo de 2011

Especial Letras Galegas.

Esta fin de semana conmemoramos o Día das Letras Galegas, celebrado o pasado martes 17. Dedicámoslles os murais a Galicia, tomando como referencia a creación Que é Galicia? de Lois Pereiro. Así plasmamos a nosa propia visión do que é Galicia utilizando palabras que representaran a nosa terra, os nosos sentimentos.

Ademais tamén fixemos diferentes postais para levarnos para casa con imaxes do poeta conmemorado e con poesías variadas.