martes, 22 de mayo de 2012

A Voz da Casiña: Especial Letras Galegas!








O 17 de Maio foi o dia das letras galegas!! Na Casiña conmemoramos ese dia e tamén a persoaxe homenaxeada deste ano: Valentín Paz Andrade, avogado, xornalista, poeta e apasionado do mar entre outras cousas. 
Como Paz Andrade colaborou en numerosos xornais e dirixiu un, pensamos en elaborar o noso xornal Especial Letras galegas durante a fin de semana! 
A Voz da Casiña, contou cun estupendo equipo de redactores e reporteiros que estiveron traballando arduamente o sábado e o domingo. As nosas seccións foron:

- Valentín Paz Andrade: Vida e Obra: Investigamos, redactamos e ilustramos a sua apaixonante andaina.
- O que sabe a xente... sobre Valentin: Saimos a rúa para averiguar se o Club de Campo está ao dia.
- Valentin visto polos nenos: Ilustramos as súas poesias.
- Pasatempos: Relacionados coa vida de Valentin, co mar, cos seus poemas...etc.
- V. Paz Andrade na Arte: Elaboramos collages moi atrevidos!
 ¡O noso exemplar está dispoñible na Casiña do Club de Campo! 

Ademáis para os máis pequenos fixemos o móvil dun barco, con motivo do gusto pola pesca de Valentin Paz Andrade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario